Crearase un Comité Avaliador Experto, formado por empresas asociadas a Eganet e que non presenten candidatura na categoría na que participen como Avaliadores. Este Comité ten o obxectivo de filtrar os traballos presentados para cada categoría. En cada unha delas deixará como mínimo 5 proxectos, que serán os que se lle presentarán ao xurado.
O xurado será externo a Eganet e estará formado por expertos en cada categoría. Os membros do xurado daranse a coñecer no acto da gala de entrega dos galardóns.
Unha vez que se realice a votación do xurado, farase pública unha lista con catro finalistas por categoría, sendo segredo o gañador de cada unha ata o momento da Gala de entrega dos Premios. No caso de que non se puidera determinar o gañador ou os finalistas nunha categoría, debido á obtención da mesma puntuación entre dúas ou máis candidaturas, o patrocinador desa categoría contará co voto de calidade.
O Xurado resérvase o dereito de declarar deserto un ou varios premios no caso de non recibir ningunha candidatura ou se as presentadas non teñen a calidade suficiente como para ser premiadas. Se a criterio do xurado un proxecto ten cabida noutra categoría e non na que se presentou, farase a modificación de presentación de xeito inmediato.
Relación de membros do Xurado dos Premios Eganet 2011
Berto Yañez
Carlos Otero
Daniel Romero
Fernando Sarasqueta
Fernando Suárez
Fidel Cacheda
Iago Soto
Javier García
Javier Varela
Jose Gainzarain
Juan Otero
Comunidade Lacon Network
Luz Castro
Manuel Gago
Marcus Fernández
Rubén García