Trileuco Solutions é unha iniciativa empresarial galega que fornece servizos integrais de consultoría tecnolóxica, desenvolvemento e mantemento, implantación de solucións tecnolóxicas e formación en novas tecnoloxías, apostando por ferramentas de software libre e open source. Os socios fundadores da empresa son un grupo de enxeñeiros en informática, con longa e contrastada experiencia tanto no sector público coma en empresas privadas punteiras do tecido TIC galego.
