Toupa.net é unha empresa cuxa proposta constitúe “un espazo para achegar a produción cultural con perspectiva galega a todos aqueles que cren... en que unha visión universal e cosmopolita só pode construírse dende o recoñecemento da propia identidade”. Así arrinca a proposta desta empresa cuxa actividade principal supón a comercialización online de produtos culturais. Dende esta empresa consideran que a súa misión principal é a de facilitar o acceso da sociedade aos produtos culturais galegos. Toupa.net ofrece aos seus clientes os seguintes servizos: Coñecemento da realidade cultural do país. Independencia: Demostrando que toupa.net está por enriba de posicionamentos políticos ou momentos culturais determinados. Calidade dos produtos: Na escolla dos artigos. Seguridade e fiabilidade: Tanto na compra como na entrega dos produtos. Innovación: Tanto no deseño como nas iniciativas a desenvolver. Proximidade: Trato personalizado do cliente. Cantidade: Amplo catálogo con produtos específicos e exclusivos. Concentración de oferta: Comodidade e aforro para o cliente á hora de pesquisar produtos culturais galegos nunha única plataforma. Arqueoloxía cultural: Achegar ao cliente produtos xa esquecidos no tempo e que poden ter unha nova oportunidade grazas á visibilización web.
