Teimas (TEcnoloxías da Información MedioAmbientaiS) é unha empresa TIC dedicada ao desenvolvemento de software como un servizo (SaaS) dispoñible na rede Internet e que achega solucións tecnolóxicas para o sector medioambiental (control da xestión de residuos, seguimento de analíticas ambientais e trámites telemáticos coa administración), sendo a primeira TIC galega especializada neste eido.
Principais produtos:
- TEIXO, software orientado a servizos (SaaS) dirixido a produtores, xestores e transportistas de residuos. Esta ferramenta empresarial pretende solucionar os problemas derivados da produción de residuos, facilitando a optimización de procesos, a minimización de custos derivados da produción, transporte e xestión de residuos e mellorando a comunicación obrigatoria coas administracións implicadas, utilizando para este fin a linguaxe estándar de comunicación ambiental e3l (www.e3l.org).
- Seguindo no eido medioambiental, a empresa desenvolveu unha ferramenta web que permite o rexistro de analíticas medioambientais mediante a elaboración de plans de vixilancia ambientais personalizados segundo a entidade que se quere avaliar. Os plans de vixilancia están compostos por parámetros de distintos tipos: gases, augas, lixiviados, etc.