A empresa Primate Multimedia Ibérica conta con máis de 12 anos de experiencia no desenvolvemento web e no deseño gráfico e multimedia. Traballan na Rede dende os seus inicios e están sempre atentos as últimas tendencias. A súa misión é encontrar a solución web a medida para cada proxecto. Son deseñadores e intermediarios entre a empresa e o público. Teñen como desafío propoñer unha mellor comunicación visual en función ás necesidades da empresa.
Entre as súas funcións destacan:
- Web: Presenza en Internet, posicionamento en buscadores, portais dinámicos, xestores de contidos propios, desenvolvemento orientado a estándares, accesibilidade e usabilidade, desenvolvemento d redes sociais, aplicacións webs colaborativas e inter-operabilidade.
- Comunicación visual: Branding, deseño de manuais de Identidade Corporativa, campañas publicitarias, aplicación de marca multiplataforma, deseño e produción de marketing promocional e interfases web centradas no usuario.
- Multimedia: reportaxes, vídeos na Rede, presentacións multimedia, memorias interactivas, videoxogos, aplicacións en flash, animación 3D e motion graphic.