PéZcalo é un portal de venda de artigos de pesca deportiva que busca converterse nun referente no mercado. Ofrece unha ampla variedade de produtos e dispón dun espazo para que os afeccionados poidan consultar información, compartir experiencias e iniciar debates sobre os temas que resulten do seu interese.
O proxecto foi desenvolvido por Javier Sousa e Iván Fociños. Trátase dun servizo de e-commerce deseñado como unha nova e completa aposta de venda e mercadotecnia online, que emprega tamén os novos instrumentos de comunicación social para se situar na internet.
O proxecto foi recoñecido cos premios MOCE da Fundación Ronsei e Carballo Emprende á mellor idea empresarial.
