Interacción é a axencia interactiva máis premiada de Galicia. Creada en 1997, a súa misión consiste en axudar aos seus clientes a aproveitar as vantaxes dos novos medios para promocionar mellor as súas marcas, vender máis e aforrar custos. Para iso desenvolve solucións eficaces que combinan aspectos de creatividade e deseño cun sólido coñecemento da tecnoloxía.
O equipo multidisciplinar de Interacción achega valor en todas as fases dun proxecto interactivo, desde a súa orixe até a súa publicación e mantemento. A súa organización e o uso dunha metodoloxía de traballo ben definida garante a calidade dos proxectos de Interacción.
Interacción traballa con marcas líderes nos seus mercados que buscan aproveitar as oportunidades dos novos medios para chegar mellor ao seu público obxectivo. A carteira de clientes de Interacción inclúe as empresas e institucións máis destacadas de Galicia, así como empresas doutras zonas de España e de diversos países estranxeiros.
Destaca a experiencia adquirida nos sectores de gran consumo, con clientes como Pescanova Alimentación, Mantequerías Arias ou Estrella Galicia; moda/beleza, realizando traballos para Caramelo, Antonio Pernas, Umbro España, Icon Line (USA), Mauá e Grupo Inditex, entre outros; e sector audiovisual, traballando para Continental Producións, Filmanova, Axencia do Audiovisual Galego, CGAI, Agapi...
Principais produtos e servizos
