Eganet organiza un curso de HTML5 en colaboración con Tesla Technologies e Imaxín

As sinerxias entre Eganet e as empresas socias permiten ampliar e mellorar os servizos que ofrece a propia asociación. Nesta liña de colaboración, comprácenos anunciar a organización do curso "Introdución a HTML5", destinado ás empresas de Eganet, que terá lugar entre o 10 e o 18 de febreiro. Tesla Technologies será a encargada de impartilo, mentres que Imaxín Software ofrecerá a súa sede para a celebración do mesmo. O curso está destinado a socios de Eganet, e abrirase ao público só se as empresas socias non cubren as prazas ofertadas. Neste caso, o prezo para as persoas alleas á asociación será de 250€.

Recollido en Tic Galicia | OSIMGA | IMIT

A duración total do curso é de 20 horas, que se repartirán entre os venres 10 e 17 pola tarde (entre as 16:00 e as 21:00h) e os sábados 11 e 18 pola mañá (entre as 09:00 e as 14:00h) no local de Imaxín, situado na Rúa Salgueiriños de Abaixo 11-L6. O prezo por persoa é de 125€.

O aforo para o curso será de 15 persoas (como máximo, dúas por empresa), polo que abrimos unha fase de reserva de praza dende hoxe ata ata o vindeiro mércores 25 de xaneiro ás 14:00h. Para realizar a inscrición deberase enviar un email a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla especificando o nome da entidade, o da persoa participante e un teléfono de contacto. A reserva farase por rigorosa orde de chegada deste email. Unha vez pechado este prazo, poñerémonos en contacto cos interesados para formalizar a inscrición.

Programa do curso

O HTML5, a última revisión da linguaxe básica de Internet, está sendo utilizada xa por moitos programadores, a pesares de que a súa recente creación fai que non sexa compatible con todos os navegadores. Dadas as novas posibilidades que ofrece na chamada web semántica ou web 3.0 e a súa facilidade de uso, o coñecemento desta linguaxe está sendo cada vez máis valorado en moitas ofertas de emprego no sector da programación. Por iso, esperamos que aproveitedes esta oportunidade para mellorar a vosa formación e que isto sirva para aumentar o valor do voso traballo.

O temario do curso será o seguinte: 

  • Introducción HTML5: Novidades e vantaxes de HTML5, Etiquetas semánticas, Estructura básica dunha páxina, Compatibilidade con versións anteriores, Etiquetas non soportadas e alternativas, Cambios a nivel de formularios.
  • CSS3: Cores (HSL, RGB, Opacidade), Interfaz de usuario (box-sizing, resize, outline, nav-top, nav-right, nav-bottom, nav-left), Bordes (border-color, border-image, border-radius, box-shadow), Creación de sombras, Utilización de degradados, Máscaras de obxectos, Utilización de reflexos, Transformación de elementos, Traballar con transicións,  Animacións.
  • Tipografía: Fundamentos, Efectos especiais
  • Construír unha interfaz de aplicación web: Creación de formularios, Fundamentos Viewport, Orientación e rotación de pantalla, Controles táctiles.
  • Integración de audio e vídeo, Interfaz de reproductor de audio e vídeo, JavaScript para control de audio, Acceso ao vídeo da webcam, Gravar vídeo e audio, Envío e recibo de imaxes de webcam. 
  • Datos dinámicos e Offline, Xeolocalización, Introducción a Canvas: Configurar acceso offline con AppCache, Xerar contido dinámico, Utilizar contido local, Acceso á localización do usuario, Seguimento de movemento nun mapa, Creación dinámica dun mapa, Contexto 2D, Partículas, Obxectos 3D, Frameworks (Three / Box2d).