Jueves, 26 de Enero de 2012 14:04
O pasado 18 de xaneiro anunciabamos a apertura da inscrición para o curso de HTML5 que organiza Eganet en colaboración con Tesla Technologies e Imaxín Software. Tras esgotar en apenas tres días as 15 prazas ofertadas nun principio, decidimos ampliar atá 20. A día de hoxe, quedan dúas prazas dispoñíbles para empresas externas a Eganet, que se ofertan ao prezo de 250€ por persoa.
Polo tanto, quen estea interesado en participar no curso aínda está a tempo de aproveitar estas últimas vacantes. Para iso, debedes escribir un mail a
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
especificando o voso nome, o da vosa empresa e un contacto telefónico. A reserva faráse por rigorosa orde de recepción do email, e cando se cubran as prazas comezaremos coa formalización da vosa inscrición.
Lembrámosvos que o curso terá lugar no mes de febreiro, os venres 10 e 17 pola tarde (entre as 16:00 e as 21:00h) e os sábados 11 e 18 pola mañá (entre as 09:00 e as 14:00h) no local de Imaxín, situado na Rúa Salgueiriños de Abaixo 11-L6. Tesla Technologies serán os encargados de impartir o temario do mesmo.