Durante os días 22 e 23 de febreiro celebrarase no IFEMA (Madrid) o Congreso Internacional e Feira Profesional Expolearning 2012, un evento adicado ao sector do e-learning. A asistencia á Feira é gratuita, coa posibilidade de rexistrarse previamente para conseguir unha acreditación. A inscrición ao Congreso ten un prezo de 295 € e pode realizarse online a través desta páxina web.
A representación galega está garantida grazas á presencia da empresa de formación coruñesa Training Channel, que contará cun stand propio
Máis información
Programa