Categorías

Categorías Xerais:

  1. Premio PROXECTO EMPRESARIAL TIC
  2. Premio PROXECTO EMPRENDEDOR TIC
  3. Premio APLICACIÓN SOFTWARE
  4. Premio COMUNICACIÓN DIXITAL
  5. Premio PROXECTO DE NEGOCIO ONLINE

As categorías recollidas son cinco, ás que se engade o Premio Especial EGANET que a Asociación outorga ao proxecto, entidade ou personalidade galega que dende a última edición, máis se esforce en dar a coñecer e impulsar a realidade galega no contorno Internet e, deste xeito,  contribúa a promocionar as novas tecnoloxías en Galicia. Para este premio non se recibirán candidaturas e será a Asociación quen elixa ao premiado.

Premio PROXECTO EMPRESARIAL TIC

Poden optar as empresas con máis de tres anos de antigüidade nas que máis do 50% do seu negocio estea relacionado directamente con Internet ou outras NTICs.
Valorarase especialmente o seu grao de innovación, a súa repercusión social e económica, a xeración de emprego e a aplicación de políticas de responsabilidade social empresarial, así como a utilización óptima das NTIC na súa estratexia empresarial consolidada.

Premio PROXECTO EMPRENDEDOR TIC

Poden optar as empresas con menos de 3 anos de antigüidade que desenvolvan un proxecto empresarial relacionado directamente con Internet ou outras NTICs.
Valorarase especialmente o seu grao de innovación, a súa repercusión social e económica, a xeración de emprego e a aplicación de políticas de responsabilidade social empresarial así como a utilización óptima das NTIC na súa estratexia empresarial.

Premio APLICACIÓN SOFTWARE

Nesta categoría caberán os produtos orientados ben a mellorar e sistematizar procesos no seo das empresas ou outras entidades, ben a ofrecer ferramentas dixitais que amplíen as posibilidades dos traballos tradicionais.
Valorarase a interactividade que acheguen, o carácter innovador, a adaptabilidade aos distintos soportes dixitais, o deseño visual dos proxectos e a valoración da/s entidade/s que teña/n a aplicación implantada.

Premio COMUNICACIÓN DIXITAL

Prémianse as mellores iniciativas relacionadas coa Publicidade Online, Social Media, etc. Poden ser tanto campañas como resultados de desenvolvementos de software, como calquera proxecto que teña un impacto no eido da comunicación online.
Serán especialmente valorados aqueles proxectos que integren adecuadamente diferentes soportes e tecnoloxías. Valorarase a orixinalidade, a planificación, a creatividade e os resultados obtidos co proxecto. Poden presentarse tanto empresas ou profesionais que fornezan servizos de comunicación online como os propios anunciantes.

Premio PROXECTO DE NEGOCIO ONLINE

Esta categoría recoñecerá a creatividade e innovación para a comercialización na rede. Poden presentarse tanto as entidades comerciais sen ánimo de lucro como as iniciativas empresariais galegas en Internet. Serán de especial interese os proxectos de empresas que teñan aproveitado a Rede para redefinir os seus procesos empresariais ou os seus obxectivos, integrando totalmente a súa presenza online nun plano estratéxico empresarial.
Valorarase a novidade, o nivel de participación do sector, a mellora da competitividade, a constancia temporal, a integración de internet na súa estrutura de negocio e non como un sistema máis de comunicación, aportando un uso óptimo das posibilidades do comercio electrónico entendido no seu sentido máis amplo, non limitado á venda online.