Xoves, 02 de Febreiro de 2012 17:03
Durante o obradoiro de IkiMap realizado o día 13 de xaneiro, promovido pola plataforma Xeoinquedos, presentáronse algunhas das novidades que presentará este servizo de xeolocalización durante o 2012. A primeira delas, que xa se fixo efectiva, foi a apertura da súa API, co obxectivo de ampliar as posibilidades na integración con outros servizos e ferramentas, permitindo mesmo a creación de desenvolvementos totalmente novos baseados en IkiMap.
Mércores, 07 de Setembro de 2011 11:34
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan unha nova edición do Premio á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2011, patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e que forma parte dos Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información. Coa concesión deste Premio, dotado con 6.000 euros, preténdese dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
Venres, 17 de Decembro de 2010 12:54
No seu día, os comerciantes galegos tiveron que adaptarse aos tempos e integrar as TIC nos seus negocios para estar no centro do mercado local (instalando sistemas de pago con tarxetas, por exemplo). Agora saben que, se non teñen presenza na rede, as garantías de sobrevivir a medio prazo son mínimas por non dicir escasas.
Luns, 13 de Decembro de 2010 15:08
Este orzamento destinarase principalmente a desenvolver un plan de crecemento do tamaño medio das pemes e a conceder de liñas de crédito, préstamos e avales. Asemade, o Goberno investirá 7.800 millóns en I+D e 2.800 millóns para axudar ás pemes na procura de novos mercados.
Xoves, 09 de Decembro de 2010 15:39
A Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións de España (Ametic), en colaboración con Red.es (ONTSI), presentou o estudo. As tecnoloxías da información e as comunicacións na empresa española, 2010 verbo do uso de internet e o comercio electrónico nas empresas españolas. Galicia sitúase por riba da media estatal no uso do comercio electrónico e á cabeceira en publicidade en liña pero suspende na creación de webs corporativas.

Páxina 1 de 40