EGANET é unha asociación empresarial que aglutina a empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías
Eganet
Xoves, 05 de Maio de 2011 15:28
Eganet (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías) segue incrementando o número de socios con novas altas que supoñen un reforzo positivo ao traballo que está a desenvolver a asociación. Nestes últimos tres meses acolleu a catro empresas que nos dispoñemos a presentarvos.
Nova en Código Cero
Eganet
Venres, 29 de Abril de 2011 12:02
O proxecto ER-INNOVA entra na última fase de execución. Tras varios meses de traballo en colaboración entre tres entidades galegas - entre elas EGANET- e unha portuguesa, a iniciativa para a mellora da competitividade das pemes do sector das enerxías renovables da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) afronta o derradeiro tramo de execución.
Eganet
Xoves, 28 de Abril de 2011 15:39
O Centro para o Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) informou esta mañá aos socios de Eganet das posibilidades de financiamento de proxectos tecnolóxicos. Esta entidade do Ministerio de Innovación e Ciencia é desde 2009 a responsable de canalizar as solicitudes de financiamento e apoio aos proxectos de I+D+i.
Eganet
Venres, 08 de Abril de 2011 13:00
EGANET, CITIC e Vitae Consultores, representantes das tres dimensións do software en Galicia -a formación especializada, as empresas e as institucións que o promoven- abordaron a situación dos traballadores deste sector facendo fincapé na correcta Xestión dos Requisitos para a mellora na relación cos clientes. Asemade, organizaron unha xornada que tivo lugar onte na Coruña na que repasar e dar solucións ás dúbidas dos asistentes neste ámbito.
As empresas opinan
Venres, 01 de Abril de 2011 11:30
Luz Castro, Responsable da área de Muller e TIC de Eganet
“A tecnoloxía é cousa de homes”. Encontreime con esta afirmación buscando noticias relacionadas coa perspectiva de xénero nas novas tecnoloxías para unha intervención nas II Xornadas de Comunicación e Xénero cando descubrín o seguinte titular: Yahoo asegura que solo los hombres sienten “amor incondicional” por la tecnología.
Páxina 23 de 30