Eganet

EGANET é unha asociación empresarial que aglutina a empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías

Áreas de Negocio

  • Internet e medios online
  • Comunicación interactiva en novos medios
  • Consultaría e asesoramento TIC
  • Conectividade e integración de sistemas
  • Desenvolvemento de software

Faite Socio. descubre as vantaxes de ser socio Imaxe corporativa. Manual de uso e material corporativo

Twitter 

Empresas socias

Teimas e Enxendra abren a facturación electrónica para o sector de xestión de residuos

Martes, 07 de Febreiro de 2012 12:03

Os proxectos colaborativos e alianzas entre as empresas socias de Eganet seguen dando froitos que contribúen á mellora dos procesos e da xestión doutras partes do tecido produtivo galego. O último exemplo témolo na alianza tecnolóxica entre Teimas e Enxendra, grazas á cal abriuse o servizo de factura electrónica no sector da xestión de refugallos, nomeadamente na plataforma Teixo, creada por Teimas en maio de 2010 e que conta a día de hoxe cunha interesante carteira de clientes entre as firmas do sector.

Recollida en    Código Cero       ECO Revista do Eixo Atlántico       VGO Magazine        Globedia

Ler máis

   

Eganet

Videoresumo da Gala dos Premios Eganet 2011

Luns, 06 de Febreiro de 2012 13:26

Unha imaxe vale máis que mil palabras. Hoxe poñemos á vosa disposición o videoresumo do que deron de si os Premios Eganet 2011: gañadores, finalistas, empresas socias, Xunta Directiva da asociación, autoridades, presentadores... un espazo para todas as persoas e entidades que participaron e fixeron posible que a Gala fose, realmente, a festa das TIC galegas. Agardamos que vos guste!! 

 

Ler máis

   

Empresas socias

Quobis Networks, gañadora dos Premios anuais da revista Red Seguridad

Venres, 03 de Febreiro de 2012 13:06

Grazas á súa ferramenta IdentityCall, que permite a autenticación a través do DNIe ou certificados dixitais das chamadas, a empresa Quobis Networks, radicada no Porriño, levou o galardón na categoría de Mellor Produto ou Sistema de Seguridade TIC na entrega dos Trofeos de Seguridade TIC, que anualmente convoca a revista especializada Red Seguridad.

Ler máis

   

Tecnoloxia

IkiMap abre a súa API nunha aposta pola integración con outros servizos

Xoves, 02 de Febreiro de 2012 17:03

Durante o obradoiro de IkiMap realizado o día 13 de xaneiro, promovido pola plataforma Xeoinquedos, presentáronse algunhas das novidades que presentará este servizo de xeolocalización durante o 2012. A primeira delas, que xa se fixo efectiva, foi a apertura da súa API, co obxectivo de ampliar as posibilidades na integración con outros servizos e ferramentas, permitindo mesmo a creación de desenvolvementos totalmente novos baseados en IkiMap.

Ler máis

   

Empresas socias

Redegal expande o seu ámbito de traballo coa apertura dunha nova oficina en Vigo

Mércores, 01 de Febreiro de 2012 13:09

A empresa de solucións tecnolóxicas Redegal, socia de Eganet, ven de darlle un pulo ao seu labor coa apertura dunha nova oficina na cidade de Vigo. A apertura desta nova sede quere ser un paso estratéxico que responde ao obxectivo de buscar novas sinerxias coas empresas establecidas nesta cidade, afianzar as relacións xa creadas e atopar novos nichos de mercado para darlle maior saída aos seus servizos tecnolóxicos, que hoxe están orientados ao desenvolvemento de solucións de e-commerce e aplicacións para móbiles, ademais dos servizos de consultoría e software a medida que Redegal viña fornecendo tradicionalmente.

Ler máis

   

Páxina 2 de 23