Venres, 18 de Maio de 2012 08:40
Nesta semana na que dende todos os ámbitos se recorda que existe unha lingua propia en Galicia e que, como bo recordatorio ao estilo dos do Nadal, hai que defender e promover, xa non normalizar pois deixou de estar ben visto o termo, non podiamos dende Eganet deixar de facer a nosa propia reivindicación da lingua para as TIC. E xa que por riba as organizacións internacionais da Internet e as novas tecnoloxías decidiron tamén facer seu o noso 17 de maio, tócanos logo proclamar a excelente compatibilidade do galego coas novas tecnoloxías e xustificar a necesidade da nosa lingua non só como ben cultural a conservar, senón como toda unha ferramenta de creación de riqueza económica e emprego, tamén e moi especialmente para as empresas do noso sector.
Martes, 15 de Maio de 2012 15:46
A empresa Teimas Desenvolvemento continúa traballando para dar a coñecer Teixo, o seu software para a xestión de residuos que xa conta con máis de 270 usuarios rexistrados. Nesta ocasión, presentarán esta ferramenta no marco dunhas xornadas técnicas organizadas pola revista Residuos, unha das publicacións máis prestixiosas do sector.
Venres, 11 de Maio de 2012 09:36
A fenda dixital é unha das constantes que acompañan o desenvolvemento das novas tecnoloxías en Galicia. Tamén o é a fenda dixital de xénero, unha maior dificultade de acceso e emprego das novas tecnoloxías por parte das mulleres, se ben non existe aínda o país desenvolvido que non rexistre ese desequilibrio. Estes días chegábanos a nova de que dúas alumnas de Informática da Universidade da Coruña conseguiron senllas bolsas de Google dentro do seu programa Anita Borg Scholarship, centrado na visibilización da muller nos ámbitos da computación e a tecnoloxía. Pois precisamente neste ToxoTic imos recuperar o debate da fenda de xénero nas TIC, mais centrándonos naquela fenda que se cadra é a que máis doe: a dos estudos superiores.
Martes, 08 de Maio de 2012 12:52
O próximo 31 de maio, o Clúster Audiovisual Galego (CLAG), o Cluster TIC Galicia e Eganet celebrarán unha Xornada de networking, que terá lugar en Santiago de Compostela. A Xornada será un punto de encontro entre as empresas integradas nas citadas organizacións, co obxectivo de dar o primeiro paso para poñer en marcha oportunidades de negocio conxuntas.
Luns, 07 de Maio de 2012 13:02
Como adiantabamos o venres, Eganet participou activamente no Concurso StartUp á Mocidade Emprendedora e na Mesa Redonda sobre Emprendemento, no marco da celebración da Xuventude Galicia Net 2012. O gañador do Concurso Startup foi Rede Apoio, empresa en proceso de creación que ofrece como servizos de formación e consultoría especializada en pequenas empresas, e outros proxectos que poden achegar solucións prácticas contra a crise.
Páxina 1 de 128