Empresas socias

Teimas presentará a plataforma Teixo en Madrid

Martes, 15 de Maio de 2012 15:46

A empresa Teimas Desenvolvemento continúa traballando para dar a coñecer Teixo, o seu software para a xestión de residuos que xa conta con máis de 270 usuarios rexistrados. Nesta ocasión, presentarán esta ferramenta no marco dunhas xornadas técnicas organizadas pola revista Residuos, unha das publicacións máis prestixiosas do sector.

 

Ler máis

   

Redegal promove unha xornada de análise sobre GoogleApps e Cloud Computing

Venres, 04 de Maio de 2012 17:00

A empresa ourensana Redegal, unha das socias de Eganet que recentemente ampliaba o seu marco de acción coa apertura dunha oficina en Vigo, vén de impulsar a xornada "A visión de Google sobre o Cloud Computing", que se celebrará o vindeiro 8 de maio a partir das 17:00h no Círculo de Empresarios de Vigo. Esta sesión informativa está organizada polo Foro da Sociedade da Información do devantido organismo coa colaboración de NovaGalicia Banco.

Recollida en Redegal l Globedia l Código Cero

Ler máis

   

Imatia entra no Top-100 europeo das empresas máis innovadoras

Mércores, 02 de Maio de 2012 11:34

Xa anunciabamos a semana pasada que Imatia, socia de Eganet, tiña boas posibilidades para entrar no Top-100 europeo que anualmente elabora a revista Red Herring. Hoxe confirmamos que, despois da deliberación do equipo editorial, este recoñecemento é xa unha realidade. Un logro moi destacado xa que, en palabras de Alex Vieux, un dos CEO de Red Herring, "este ano a competencia foi máis forte que nunca". Cómpre sinalar que este grupo de comunicación foi un dos primeiros en recoñecer o potencial de empresas como Facebook, Twitter, Yahoo, Skype, Salesforce.com, Youtube ou eBay.

Recollida en   Código Cero | Atlántico Diario | La Opinión de Coruña | DUVI | CITEXVI 

Ler máis

   

Como se fixo "Amores Prohibidos 2.0", impresións dende A Navalla Suíza

Mércores, 02 de Maio de 2012 09:32

A semana pasada, entre o 23 e o 27 de abril, a tráxica historia de Romeo e Xulieta trasladouse no tempo e no espazo para pasar da Verona do século XVI ao Boiro do XXI, co conflito lingüístico substituíndo á ancestral inimizade de Montescos e Capuletos e coas redes sociais como escenario e platea. Amores Prohibidos 2.0 naceu das ideas do Grupo Chévere, que fixo unha arriscada aposta ao preguntarse que ocorrería se os malogrados amantes se coñeceran no instituto e argallaran a súa relación prohibida ao carón da privacidade das redes sociais, nas que a mocidade de hoxe se move como peixe na auga.

Ler máis

   

Imatia optará aos premios europeos da revista Red Herring

Luns, 23 de Abril de 2012 16:03

A empresa Imatia Innovation, dedicada ao desenvolvemento e comercialización de tecnoloxía e produtos de software para a mellora dos procesos de negocio, vén de achegarnos unha moi boa nova: foi nomeada finalista para os premios europeos do grupo Red Herring, cuxa entrega será o vindeiro 25 de abril e aos que optan as cen iniciativas tecnolóxicas privadas máis prometedoras do año.

Recollida en    Código Cero | Tic Galicia

Ler máis

   

Páxina 1 de 27