Luns, 19 de Decembro de 2011 11:14
O xurado dos premios anuais que concede a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) vén de resolver e facer públicas as candidaturas finalistas que concorrerán á VIII Edición dos Premios Eganet.
O vindeiro mércores día 21 terá lugar o acto de entrega dos galardóns no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia, en Santiago de Compostela, nunha gala que comezará ás 12.00h da mañá, ao longo do cal coñeceremos aos que finalmente levarán os galardóns nas cinco categorías a concurso.
No transcurso da Gala, celebraremos tamén a traxectoria de nove das empresas socias de Eganet que cumpren dez ou máis anos de existencia e entregaremos o Premio Especial, que recaeu este ano na Fundación Foltra pola súa aposta tecnolóxica no desenvolvemento do seu labor socio-sanitario.
A listaxe definitiva de finalistas é a seguinte:
Categoría: Comunicación Dixital
Categoría: Aplicación Software
Categoría: Negocio Online
Categoría: Proxecto Emprendedor TIC
Categoría: Proxecto Empresarial TIC
A Gala terá este ano dous presentadores moi vencellados ao mundo da tecnoloxía: Marcus Fernández, subdirector de Código Cero, a veterana revista galega especializada en tecnoloxía; e Susana Alvite, xornalista, xerente de Hexis Comunicación e asesora de comunicación para administracións e empresas.
Os Premios Eganet contan coa financiación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER.