Martes, 13 de Decembro de 2011 12:28
O pasado mes de outubro, Eganet denuncio publicamente as condicións discriminatorias do "Programa de Asesoramento a pemes en Comercio Electrónico B2C", promovido por Red.es. Tras unha longa espera, por fin temos a resolución definitiva: Eganet será unha das 18 entidades colaboradoras deste programa. É un gran logro das empresas socias, que axuntaron esforzos e envorcáronse nesta reivindicación.
Tras estudar as bases da convocatoria, atopamos que os requisitos de facturación que se lles pedían ás entidades solicitantes facían que, na práctica, boa parte do sector TIC galego quedara fóra. A noticia tivo gran repercusión e, de xeito case inmediato, Red.es rectificou e ofreceu a posibilidade de que as empresas socias presentaran unha candidatura conxunta en nome de Eganet.
Deste xeito, e grazas a un gran esforzo conxunto das empresas e da propia asociación, conseguimos entregar toda a documentación nun tempo récord e entrar así na fase de selección desta primeira parte do proxecto, adicada a atopar entidades colaboradoras para levar a cabo a segunda parte do devandito programa.
A seguinte fase do Programa B2C adícase a seleccionar ás empresas e entidades interesadas en participar como solicitantes dos servizos de asesoramento que realizaran os colaboradores. O prazo para presentarse a esta fase rematará o 13 de xaneiro.
Dende Eganet, damos a noraboa aos socios e agradecemos unha vez máis a súa implicación co labor da asociación.