Eganet

Eganet colabora na organización conxunta dunha Xornada de Networking

Martes, 08 de Maio de 2012 12:52

O próximo 31 de maio, o Clúster Audiovisual Galego (CLAG), o Cluster TIC Galicia e Eganet celebrarán unha Xornada de networking, que terá lugar en Santiago de Compostela. A Xornada será un punto de encontro entre as empresas integradas nas citadas organizacións, co obxectivo de dar o primeiro paso para poñer en marcha oportunidades de negocio conxuntas.

 

Ler máis

   

Rede Apoio, gañadora do Concurso StartUp do XGN 2012

Luns, 07 de Maio de 2012 13:02

Como adiantabamos o venres, Eganet participou activamente no Concurso StartUp á Mocidade Emprendedora e na Mesa Redonda sobre Emprendemento, no marco da celebración da Xuventude Galicia Net 2012. O gañador do Concurso Startup foi Rede Apoio, empresa en proceso de creación que ofrece como servizos de formación e consultoría especializada en pequenas empresas, e outros proxectos que poden achegar solucións prácticas contra a crise. 

Ler máis

   

Eganet envórcase no Xuventude Galicia Net

Venres, 04 de Maio de 2012 11:27

Entre hoxe e o domingo, o Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia será a sede das múltiples actividades que este ano enchen o programa do encontro Xuventude Galicia Net 2012 . Eganet, ademais de participar como entidade patrocinadora, decidiu tomar parte activa en varios dos eventos, entre os que destaca o Concurso StartUp á Mocidade Emprendedora e unha Mesa Redonda sobre Emprendemento. Haberá tamén representación de varias empresas socias: IT Noroeste é tamén unha das patrocinadoras; Beatriz Legerén, de Interacción, participará no Obradoiro de "Xogones"; e Rubén Bastón, director de Social Media de Elogia será un dos relatores.

Recollida en    El Correo Gallego | PressPeople

Ler máis

   

Sete novas empresas súmanse a Eganet no que vai do 2012

Mércores, 18 de Abril de 2012 12:56

A gran familia de Eganet non deixa de sumar novos membros. Se ao cabo de 2011 dabamos a benvida a un bo grupo de novas empresas socias, o 2012 non está quedando atrás: nos primeiros meses deste ano, sete novas firmas deron de alta na asociación, que xa suma 76 socios. É un pracer presentarvos a estes novos compañeiros e compañeiras, aos que queremos agradecer a confianza que depositan no proxecto de Eganet. Agardamos que a vosa traxectoria dentro da asociación sexa fructífera tanto para vós como para o conxunto da base social.

Recollida en Código Cero | RedTicos | Globedia 

Ler máis

   

Eganet renova a súa Xunta Directiva para os vindeiros dous anos

Venres, 30 de Marzo de 2012 13:19

O pasado mércores 28 de marzo as emrpesas socias de Eganet elixiron a nova Xunta Directiva que marcará o camiño da asociación nos vindeiros dous anos, durante a Asemblea Xeral Ordinaria celebrada no MUPEGA, á que acudiron unha boa representación da nosa base social, amosando unha vez máis o compromiso das empresas co proxecto de Eganet.

Recollida en  Eco Dixital | Galicia Digital | Empresas de Galicia | Código CeroWebsGalicia

Ler máis

   

Páxina 1 de 34